TÍTULO: O GALEGO
PREMIO: ENTRE NÓS EN GALEGO
ANO: 2002
O Galego
Pensaba que te perdera,
que a miña alma
te esquencera na sombra do solpor,
do solpor navegando entre a brisa do lago,
que viaxarías só pola ledicia da escuridade,
que a túa voz durmiría en silencio,
e tornaríase noite e tornaríase tebra,
querendo contarlle ao vento a túa tristura,
que asolaga de bágoas o mundo enteiro,
porque ninguén escoita
a mensaxe que o teu corazón leva dentro.
Eu buscábate no mar dos meus pensamentos,
na claridade das estrelas,
no escintilar dos astros,
na alma dos planetas,
no salaio dos pobos,
na escuma das ondas,
cantando nas rochas,
e navegando entre os latexos
das nosas vidas,
pero ti, non aparecías!
e o meu corazón choraba en soidade,
gotas de chuvia e vestíase con espiñas de amargura.
Pero agora que o meu soño te atopou,
síntome leda, sabendo que á miña beira estás,
levareite sempre da man,
estarei sempre ao teu carón,
e espertarei ao mundo da beleza do seu sono,
porque ti es a luz da miña alma,
o meu lar,
a miña vida,
a miña voz,
a fala da chuvia,
o solpor dos eidos,
e sen ti Galicia morre.
Non te esquecerei nunca, meu gran amigo,
gardareite no maxín do meu pensamento,
e direille ao pobo: falade galego!