Escrito Pardiñas-Xermolos 2016

Escrito-Pardiñas-Xermolos-2016, con fotos del poeta gallego Manuel María.
 

"¿Por qué no hablas castellano?"-Preguntoume alguén que entende perfectamente o galego e só porque non lle fai chiste o galego ou porque segue coa tontería na cabeza de que o castelán é mellor que o galego, teño que falar castelán. - Négome a seguir tal absurdo e síntoo se con isto ofendo a alguén. Galicia é un país bilingüe e ninguén que sexa nativo me pode impoñer unha lingua ou outra. Se alguén prefire o castelán, eu son tolerante e respeto a súa idea, pero eu mellor falo galego, que para iso estamos no pobo galego, con costumes e ideas galegas e iso non se vende, nin se cambia, nin desaparecerá nunca, como un artesán que fai o mellor pola súa terra, tallando xoias e reliquias coas súas mans ou coma o río Miño, que desde o pedregal de Irimia, segue paseniño e ledo o seu camiño ata convertirse nun galego de honra en nun galego forte e sabio, que deixa pegada e boas lembranzas en calquera parte do mundo.

Un pobo non é nada sen a súa lingua. Sen ti quedamos orfos, sen bandeira, sen identidade, sen ti non podemos respirar….e morreremos.

Só falarei castelán se hai algún extranxeiro que non entenda o galego, senon a nosa lingua é tan válida coma calquera outra. Non importa ser minoritarios, importa ser a voz da nosa vila, da nosa cidade e da nosa aldea. Non importa que nos chamen mediocres, paletos ou tontos por falar a nosa lingua propia, ignorantes son os demáis por discriminarnos pola lingua e non saber valorar por un igual a diversidade lingüística do mundo enteiro. Importa que a nosa lingua sexa o noso mellor traxe, o noso sorriso, o salaio do pobo, o berce dun neno, a compaixón dos que choran, a foliada ou o tempo de ruada dos novos, as xeadas do inverno e os fermosos solpores do verán.

Despois de ganar un premio de relato a nivel Terra Chá, onde Manuel María nos entregaba o premio, xa fai anos e despois de presentarme dúas veces consecutivas ao concurso de poesía," Entre Nós en Galego", a nivel provincial e sair ganadora as dúas veces, podo decir que o galego tamén é unha lingua fermosa que sirve para todo o que un se poida imaxinar.

Parádevos a pensar ben, abride a vosa mente e os vosos ollos. Viva o galego!!! Vivan todas as linguas do mundo enteiro!!! Todas son estrelas escintilantes, todas son marabillosas bolboretas, sexan amerindias, asiáticas, eslavas, indíxenas, nórdicas, xermánicas, minoritarias ou maioritarias...,todas son necesarias e non nos enganemos, cantas máis dominemos iranos sempre moito mellor. Non o dubidedes!

Sin comentarios

Añadir un comentario

Suscribirse
Suscribirse